lunes, 8 de febrero de 2016

DECIMA NOVENA XORNADA DE LIGA

O pasado sábado, primeiro fin de seman do mes de Febreiro e coincidindo cos días do Entroido, tocarianos disputar a xornada dezanove, recibindo en Cepelo (Negreira) o Victoria FC Caminante, o noso inmediato perseguidor na táboa de clasificación.
O corpo directivo non tiña boas sensacions neste partido debido a data na que se disputaba pero grazas o esforzo dos xogadores puido sacarse adiante e sumar tres novos puntos no noso casilleiro.
Por tanto, e o rematar o encontro, o marcador final sería de:
NEGREIRA VETERANOS 3 - 2 VICTORIA FC CAMINANTE
Os xogadores que disputarían o encontro serían: JUAN SOUTO, DAVID, ANDRES, MANU, ALEX, AIRES, PENA, VIDAL, GOLAN, CHITO, ALBERTO, MORENO, PONTE e NANDO (que comezaría o partido na portería)
GOLEADORES: Aires (por partida dobre e un deles coa colaboracíón do defensa contrario) e Golan.
ASISTENCIAS: Nando e Vidal.

O proximo encontro será a domicilio, contra TORDOIA VETERANOS, en Tordoia.

No hay comentarios :