domingo, 30 de noviembre de 2014

XORNADA UNDÉCIMA

Último sábado de Novembro, e unha nova xornada onde teriamos que render visita o equipo do Regalos Trasnos, polo que nos desplazamos ata Esclavitude, o novo Campo do Doce. Este partido significaría a segunda derrota do equipo no que vai de Liga.
O marcardor final sería de:
REGALOS TRASNOS 4 - 2 NEGREIRA VETERANOS
Os integrantes do clube que se vestiron para disputar o partido foron: Juan, Livi, David, Andres, Golan, Pena, Alberto, Nando, Aires, Jano, Chito, Santi Mariño, Santi Ponte, Alijo e Moreno.
Pola nosa banda, os goleadores foron: Jano e Andres.
Destacar que a enfermeria segue a encherse, xa que resultaron lesionados, Livi (un posible esguince no nocello) Pena e Golan; os cales se suman as baixas que había de Fermin e Paco.

NOTA: A próxima xornada non haberá xornada de Liga pero o noso equipo disputará o partido aprazado con Don Budi, que será o Luns 8 de Decembro. A hora e o lugar do encontro xa a confirmará Moreno.

No hay comentarios :