jueves, 24 de mayo de 2012

PARALIZADA A FASE DE ASCENSO DE CADETES

Un erro na clasificación da 1ª Autonómica de Pontevedra obrigou á FGF a paralizar a competición que comezaba esta fin de semana A Federación Galega de Fútbol decidiu paralizar a fase de ascenso á Liga Galega Cadete que debería comezar este fin de semana coa disputa dos partidos de ida da primeira eliminatoria. O motivo da suspensión ven dada polo erro detectado na acta dun partido do mes de novembro da novena xornada entre Portonovo e Figueirido que daba como vencedor ao cadro visitante por 0-1. O conxunto de Baltar reclamou fai uns días esta incidencia e o colexiado do partido recoñeceu que o resultado era incorrecto e o que debería figurar na acta era o de 1-0 a favor do Portonovo. Deste xeito os de Baltar acaban a liga como quintos clasificados e polas nosas contas é o Céltiga quen se caería da fase de ascenso conservando o Rápido de Bahía a súa praza no triple empate a 45 puntos entre os tres e que se decide pola diferenza de goles -nos partidos entre eles- a favor dos de Albán. Non ten culpa desta situación que se orixinou con esta reclamación nin a Delegación de Pontevedra nin por suposto a Federación Galega de Fútbol. A primeira recibe un acta cun resultado posto polo que o escrbiu e os que lle deron o visto bo sen dicir nada -os delegados dos equipos- ata que case seis meses despois do enfrontamento o Portonovo deu conta do fallo recoñecido polo colexiado. Seguramente haberá unha reunión extraordinaria do Subcomité de Competición de Fútbol Afeccionado e Xuvenil para resolver esta circunstancia. A pregunta é ¿hebará novo sorteo?. fonte: pabelloncf.com

No hay comentarios :