jueves, 12 de abril de 2012

O RALI DE NOIA PASARÁ POLO NOSO CONCELLO

A XVIII edición do Rali Ría de Noia vaise disputar por vez primeira na súa historia, por treitos de estradas do noso concello, o sábado día 21 de abril. Dúas especiais transucrrirán polas reviradas estradas da zona alta de Negreira. Son o tramo B que sae de San Ourente (Serra de Outes), e remanta na zona de Campolongo, de 11,7 quilómetros de percorrido. As horas de pase son as 9.18 horas, e ás 12.06 horas.

E xa pola tarde, moito máis importante e atractivo para os milleiros de afecioados que se agardan acudan nesa xornada para seguir o Rali vai selo o tramo C dende a parroquia de Xallas ata a de Liñaio, de 11,8 quilómetros, e que en boa parte vai transcurrir pola enrevesada estrada provincial de Pontenafonso. As horas de paso do primeiro coche son as 16.21 horas, e as 18.49 horas.
A Escudería Berberecho organiza esta nova edición dunha proba que congrega o interese dun número aproximado de 30.000 persoas, e cunha importante participación, como a de Victor Senra, Amador Vidal ou o vixente campión galego, Iván Ares, co seu Porsche 911, así como o lucense Pedro Burgo, co seu Ford Focus WRC, e que preséntase como un dos favoritos ao triunfo final.
Entre outros pilotos tamén estarán presentes o amiense Martín Bello, que estreará nesta proba un novo Citröen C2 R2, cas últimas evolucións. Tamén suporá esta proba o regreso do piloto de Mazaricos, Javier Ramos Grille, a bordo do Renault Clio 16V que habitualmente utiliza nas probas de terra.
fonte : concellodenegreira.es

No hay comentarios :