sábado, 21 de abril de 2012

HOMENAXE DO CONCELLO OS DEPORTISTAS DE NEGREIRA

O Concello de Negreira brindoulle unha recepción oficial aos deportistas do noso concello que nas últmas semanas sumaron novos éxitos para o deporte negreirés. Así, no Salón de Plenos deronse cita o primeiro campión galego da historia do Maratón homologado en Galicia, Jorge Crespo Arias, quen o pasado domingo 15 de abril facíase co segundo posto na Maratón Coruña 42, e acompañado polos dous xóvenes atletas da Escola Municipal de Atletismo, Martín Darriba Crespo e Lucía Suárez Crespo, campións galegos alevín e infantil en pista cuberta, respeitivamente, xunto co seu adestrador, José anuel García Estévez; e mailos integrantes dos conxuntos Benxamñin e Alevín, das Escolas Deportivas de Fútbol Sala, recentes campións da fase final Intercomarcal disputada o pasado sábado 14 de abril en Noia, nunha clasificación histórica dos dous equipos para a fase final Provincial, a disputarse o vindeiro 12 de maio na cidade de A Coruña, a cal reunirá aos catro mellores conxuntos da provincia en canto a fútbol sala escolar. Estiveron acompañados polos seus dous adestradores, Luis Antonio Zarco Casabiell e Abel Pérez, así como un bo número de pais e nais asistentes ó acto.

Tanto o alcalde de Negreira, José Blanco Pazos, como o concelleiro de Xuventude e Deportes, Manuel Hombre Porto, loubaron o traballo e os éxitos dos deportistas de Negreira, no seu constante afán de superación para lograr situar ó deporte negreirés nas máis altas cotas. Todos eles recibiron un agasallo en recoñecemento a súa traxectoria deportiva.
FONTE:concellodenegreira.es

No hay comentarios :