lunes, 9 de abril de 2012

BO PAPEL DOS CADETES DO NEGREIRA EN OVIEDO

Ven de celebrarse durante esta Semana Santa o VII Torneo Cup internacional Oviedo 2012 de fútbol base , no cal participou o equipo Cadete da S.D.Negreira , realizando un meritorio papel .
O equipo de Negreira quedou encadrado na primeira fase no grupo A , xuntos cos equipos do Real Sporting , C.D.Puertas Palmas e Covadonga B  . Caeu derrotado nos dous primeiros encontros ante o Puertas Palmas por dous tantos a cero , e ante o Sporting por tres a cero , pero no derradeiro partido desta fase sería quen de ganarlle ó equipo de Covadonga B por dous a un , rematando terceiro no seu grupo , e pasando así a disputala fase de consolación .
Nesta segunda fase tocoulle en liza ó Covadonga B cuarto clasificado no grupo do Negreira, ó Astur C.F. e ó S.D.Colloto , terceiro e cuarto clasificado do grupo B. Nesta fase contaba o enfrontamento da primeira co equipo do seu grupo , e nos outros dous encontros acadaría un empate a dous ante o Astur C.F. e unha victoria sobre o S.D.Colloto por dous a cero , o que lle daría a segunda posición do grupo empatado a puntos co Astur C.F. , sendo tan so a diferencia de goles o que privou ós de Negreira de xogalas semifinais de consolación .


No hay comentarios :