jueves, 23 de junio de 2011

FINAL DA COPA DE SAR DE CADETES E COMIDA FÍN DE TEMPADA

Os cadetes do Negreira xogan a final da Copa do Sar
O equipo da Sociedade Deportiva Negreira, en categoría cadete, disputará este sábado, a partir das seis da tarde no campo municipal de Santa Isabel, en Santiago de Compostela, a finalísima da presente edición da Copa do Sar.
O conxunto que adestra Fernando Cambeiro «Nando», medirase ó Val do Ulla, rival co que xa coincidiron na liga regular, polo que de inicio, agardase un choque trepidante entre dous bos equipos que buscarán facerse co prezado trofeo de campións da Copa do Sar.
Fin de tempada
Asemesmo, a directiva do Negreira programou para este domingo, día 26 de xuño, unha comida de fin de tempada, a partir das 14 horas, e que se celebrará na pratan baixa do edificio do Centro Sociocultural. Na mesma tomarán parte todos os xogadores dos distintos equipos, así como adestradores e colaboradores do clube, para quenes a comida é de balde. Para os pais e nais, socios e simpatizantes, terá un custo de 12 euros.
FONTE :WEB CONCELLO DE NEGREIRA

No hay comentarios :