miércoles, 20 de abril de 2011

TOURLINE EXPRESS 2 - 4 NEGREIRA VETERANOS

Tremendo día o que nos acolleu en Escarabote o pasado sábado nun dos peores campos da categoría. Como agora estamos tan acostumados á herba de bote, calquera cousa que non sexa verde nos parece que non está á nosa altura. E se por riba o campo ten pendente superior ao 2 %, como era este caso, xa non digamos….
Presenteime no partido acompañando a Pitu e a Pedraza coa idea de disfrutar dunha boa tarde fútbol xunto co meu fillo por mor dun nocello malparado e acabei vestíndome de curto porque á hora do partido non alcanzábamos o número de xogadores regulamentario. Fun equipándome como puiden …. que si unha venda por aquí, que si unhas botas por alá.. e ao final din acadado a vestimenta mínima, que non adecuada, para saltar ao campo DE INICIO!. Xa me vexo explicándolle ao meu herdeiro que estas cousas non se fan así, que antes hai que quentar convenientemente, e máis se tes unha lesión, pero que estamos en Veteranos e que temos certas licencias… Por certo, este “segundo” ten unha confianza en mín que nunca lle agradecerei convenientemente. Ademais está facendo méritos máis que salientables para tirar da silla ao mismísimo Suso que últimamente ten ao equipo descoidado.
En fin, sorteo dos campos e toca empezar costa arriba co que nos fregamos as máns pensando en que na segunda parte, xa máis tocados físicamente, teremos a pendente de cara. Ademais, para j…. a marrana, tarde de verán e campo de area co que cada balón dividido parecía a explosión dunha bomba de racimo a tenor da polvarea que se formaba. Así pois houbo que tirar de veteranía… que si agarrón por aquí, que si patadiña por alá.. porque para lucirse no mundo subterráneo xa estaba Santi que pouco a pouco iba collendo folgos.
Logo chegaría o primeiro gol obra de Moreno que ten un valor extra tendo en conta o estado lamentable no que se atopaba. Non me estenderei en máis explicacións porque poderedes atopar nas distintas redes sociais as súas andanzas na noite anterior xunto con Alijo. Un gol no que empleou a súa mellor arma: a punteira … que por certo non soupo usar vinte minutos máis tarde cando se atopou nun cara a cara co porteiro. Afortunadamente para entón xa Ivan medio encarrilara o partido con outro gol no que se adiou ao porteiro tras un certeiro pase de Nando.
A cousa pintaba ben. Máis alá da terra que xa todos tiñamos na gorxa non parecía haber máis inquietudes pola banda do rival. Ata que unha saída en falso de Juán, dubidoso en todo caso, foi penalizada polo árbitro como penalti e transformada polo Tourline recurtando distancias a dez minutos do descanso.
Logo chegaría o merecido descanso onde nin tan sequera a auga morna da billa nos aliviaba da tremenda calor que nos abafaba, a algúns máis que a outros todo hai que dicilo. Agora tocaba costa abaixo e con tal motivo Javi moveu o banquiño onde xa rotaran os dous substitutos que tiñamos dende mediada a primeira parte cando se incorporara Jesús e Alijo.
O partido tornou entón en bronca en xogadas, que a noso xuizo por suposto, eran normais. Outra cousa sería se foran en contra! Follón cos dianteiros que semellaban fogosos por momentos e.. nestas estabamos cando Nando botaba unha falta e Mario lograba rematar de cabeza poñendo o 3-1.
Con este resultado houbo unha certa relaxación por entender que o partido estaba medio resolto e nestas circunstancias o Tourline recurtou novamente distancias cun gol pola escadra dereita defendida por Juán.
Percibíase que iba tocar gañar a base de épica e en certo modo así foi por Alijo, nun alarde físico que ninguén esperaba, levou o balón ata o fondo da área para logo tocala atrás onde Nando remacharía o partido acadando o 4 a 2 definitivo.
Aínda o Tourline lanzaría uns últimos estertores pero xa sen folgos porque o partido xa estaba pasando factura aos dous contendentes e a xente xa tiña máis gañas de cerveza que doutra cousa.
Con esta victoria situámonos a sete puntos do descenso e os estudiosos das estatísticas vaticinan que unha única victoria no que queda de campeonato nos servirá para confirmar a permanencia na categoría. Se eles o dín, así será.
A próxima cita dos Veteranos terá o seu protagonismo na sección de BTT que se presentará oficialmente no Arranca o vindeiro Xoves Santo onde será convenientemente bendecida e agasallada polo noso principal patrocinador, o Bar Arranca de Ordoeste con Pablo á cabeza. Antes demostraremos ante os nosos siareiros as nosas dotes enriba das dúas rodas onde xa estamos facendo lenda, sobre todo logo da última exhibición na recentemente celebrada marcha BTT dos Esfolarros de Brión onde os nosos representantes se bateron o cobre con competidores de alto nivel.

No hay comentarios :