| BENXAMIN DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DE NEGREIRA CAMPIÓNS DA FASE INTERCOMARCAL JUANJO ,MATEO,JULIAN, MARTÍN,NACHO,RAUL,JAVI,ANGEL(FALTA NA FOTO IVÁN) |
En Alevíns o equipo de Negreira mediase en semifinais o conxunto de Crocha balompé , no polideportivo Municipal Pilar Barreiro de Lousame . O encontro non se podía poñer peor para os nosos xa que a pesar de ter inumerables ocasións de gol eran os do Crocha os que acertaban a marcar nas escasas ocasións que se acercaban a portería dos de Negreira , e así adiantaronse ata en duas ocasións no marcador cun inquietante 0-2 que poñía moi cara a ansiada final , pero os de Negreira superon reacionar a tempo e finalmente impuseronse por un 3-2 que os metía na Gran Final a disputar no pavillón do colexio Jaime Balmes contra o gañador da outra semifinai disputada entre o Noia F.S. e o conxunto de As Baleas de Camariñas sendo este último o gañador da mesma .
Na final os erros arbitrais en xogadas puntuais lastraron en gran medida as opcións dos de Negreira . Debese reflexionar por parte dos encargados da organización destas fases finais ata onde tódolos equipos chegan con grandes ilusións , para que na medida do posible os encargados de impartir xustiza na cancha , non cometan erros de caracter técnico , xa que estes ocurren pola falta de preparación ou descoñecemneto das normas o cal é a toda luz subsanable , outra cousa serían os erros humáns os cales si poderíamos en certa medida disculpar .
O caso é que o Negreira comenzaba adiantandose no encontro , para empatalo encontro os de Camariñas . O 1-2 subiría ó marcador logo dunha falta cometida nunha cesión que nunca debeu ser sinalada atendo as regras da competición , dende este momento os nosos foron sempre a remolque no marcador . De novo marcarían os camariñáns o 1-3 , acortando distancias os nosos 2-3 e tentando acadalo empate xurdiu de novo unha xogada identica a xa comentada da cal resultaría o 2-4 , o arreón final dos nicrarienses supuso o 3-4 , pero non foron quen de acadalo empate que nós dixaría na sorte da tanda de penaltis .
De tódolos xeitos este subcampionato ben a refrendar unha magnifica tempada do equipo alevín de Negreira , que os coloca entre os oito mellores conxuntos da provincia de A Coruña , no tocante ás competicións de deporte escolar na tempada 2010-2011 .
Xa en Benxamís os de Negreira teríanse que medir na semifinai ó conxunto de Puebla F.C. , no Polideportivo Alonso Rodriguez , de ingrato recordo pois foi onde a tempada pasada nesta mesma categoría quedaramos fora da final logo de perder cos de Dumbría por un gol a cero (finalmente quedaríamos terceiros) . Era unha espiña que tiñamos que sacarnos e fixose da mellor maneira posible , xa que logo duns primeiros cinco minutos de tanteo entre os dous conxuntos , comenzaron a chegalas ocasión dos nosos e enseguida figuraba no marcador un contundente 4-0 . Dous erros defensivos fruto da confianza que nos daba o resultado propiciaron o 4-2 co que chegaríamos ó descando . Logo do descanso a consigna era non repetir os fallos defensivos , e tentar aumentala diferencia no marcador , para poder así xestionalo banquillo de xeito que chegasemos o máis frescos posible a Gran final , e así subiron o luminosos catro dianas máis na segunda parte que deixarían o definituvo 8-2 .
A final era no mesmo polideportivo , e o noso contrincante era o equipo de Carnota que viña de gañar na outra semifinai ó Noia F.S. por idéntico resultado 8-2 .
Chegaba a hora da verdade para os máis pequenos de Negreira , e o equipo de Carnota non nos poñería as cousas fáciles , e o cero a cero estivo anclado gran parte da primeira metade no marcador ata que nunha gran xogada acadaríamolo 1-0 , co que se chegaría ó descanso . Na segunda parte deberíamos manter a porteria a cero e iso nos daría o triunfo final , pero as cousas como xa dixemos non serían doadas e nun fallo , dos poucos que se deron en defensa , acadaban eles o empate . Este gol supusonos uns cinco minutos de desconcerto , pero supemonos repoñer e voltar a encerralos na súa área , ata que chegaría o gol que rompeu definitivamente o partido e logo do cal acadaríamolo o definitivo 3-1 , que otorgaba o campionato os de Negreira para ledicia dos pais e xiareiros que se desprazaron ata Noia e entre os que se encontraba o máximo representante do noso concello o seu alcalde Jorge Tuñas , que felicitou ós " pequenos campións " , e compartiu con eles o éxito acadado .
Este campionato supón o pase á fase final provincial a disputar proximamente en Pobra do Caramiñal e ser un dos catro mellores conxuntos da provincia de A Coruña . Esperemos que acaben sendo os mellores dos catro , ou o que é o máis importante que sigan disfrutando do deporte que tanto lles gusta . Sorte os benxamíns e noraboa tanto a eles como ós alevíns .
| EQUIPO DOS ALEVÍNS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DE NEGREIRA SUBCAMPIÓNS DA FASE INTERCOMARCAL ALEJANDRO,YONI,ALEX,MARTÍN,MOJA,SALOMON,ALVARO,PEDRO,JOSE,RODRI |
No hay comentarios :
Publicar un comentario