lunes, 23 de mayo de 2016

TRISEXIMA XORNADA DE LIGA

Esta nova xornada, disputada no fin de seman pasado, baixo unhas condicións climatolóxicas que non axudaban moito a práctica do fútbol, suporía o remate dunha nova participación do clube, durante unha tempada mais, na División de Honra de Veterans de ADV de Santiago de Compostela.
O encontro non tivo moita historia xa que ningun dos dous equipos nos xogabamos nada, polo que a intensidade foi escasa e fixo que houbera innumerables ocasións de gol en ambas porterias.
O resultado final sería o seguinte:
NEGREIRA VETERANOS 4 - 4 OUTES DEP. CASAIS
Os xogadores que disputarían o último encontro da tempada foron: LIVI (que o faría na portería) NANDO, DAVID, ANDRES, MORENO, AIRES, PENA, SANTI MARIÑO, GOLAN, ALBERTO, CHITO, PONTE e ALEX.
GOLEADORES: Alberto, Alex, Pena e Golan
ASISTENCIAS: Chito e Nando.

O remate do encontro tivemos a Cea de Fin de tempada, que normalmente soe ser unha comida, pero que por incompatibilidade de datas tivo que pasarse a noite do sábado pasado (Nas próximas datas subiremos as fotos a sección de Eventos)

NOTA: Como anos anteriores, haberá unha entrada coas estadísticas da tempada e o seu correspondente podium.

No hay comentarios :