lunes, 14 de marzo de 2016

VISEXIMA TERCEIRA XORNADA DE LIGA

O pasado sábado, baixo un sol que se agradecería a estas alturas no ano, tocarianos recibir, no campo de Cepelo, a visita do equipo de Muebles Guadalupe para intentar refrendar a victoria, da xornada anterior, contra o lider da Liga.
E debeu ser que o equipo, quixo demostrar que o acontecido a xornada pasada non foi unha casualidade, saeu moi mentalizado o terreo de xogo e realizou unha das mellores primeiras partes do campeonato, que lle fixo irse o descanso cun resultado, moi favorable, de catro a cero e deixando o partido case sentenciado.
Grazas a esta victoria e a derrota do primeiro clasificado fainos entrar na disputada polo titulo de liga coa esperanza de chegar ata o final con verdadeiras posibilidades.
Despois do pitido final do colexiado, o marcador sería de:
NEGREIRA VETERANOS 6 - 2 MUEBLES GUADALUPE
Os xogadores que disputaron o encontro serían: JUAN SOUTO, DAVID, PONTE, ANDRES, MORENO, AIRES, PENA, VIDAL, ALBERTO, GOLAN, SANTI, LUCKY, SANTI PONTE, LIVI e NANDO.
GOLEADORES: Alberto, Santi e Golan, en catro ocasions.
ASISTENCIAS: Santi, David e Alberto (por partida dobre)

A proxima xornada visitaremolo campo do DON BUDI coa esperanza de seguir sumando e non descolgarnos da cabeza da liga.



No hay comentarios :