lunes, 21 de marzo de 2016

VISEXIMA CUARTA XORNADA DE LIGA

Un sábado mais, e unha nova xornada disputada, antes de ter descanso polo parón da Liga, para a disputa dunha nova eliminatoria da Copa (a cal será a ultima que estemos exentos os equipos de División de Honra). Nesta ocasión, visitariamos o equipo do Don Budi, no campo de Bertamirans, para intentar manter a estela dos dous primeiros clasificados.
E grazas a un gol, cando o partido esta agonizando nos minutos finais, fixo que sumasemos tres puntos no noso casilleiro e que non cambiaramos o paso para poder seguir o ritmo da cabeza da táboa clasificatoria.
Por tanto, e despois dos noventa minutos, e algún mais de desconto, o electrónico reflexaría o resultado de:
DON BUDI 0 - 1 NEGREIRA VETERANOS
Os xogadores que disputaron o encontro foron: NANDO (que exercería de porteiro) LIVI, DAVID, PENA, GOLAN, AIRES, VIDAL, ALBERTO, MORENO, SANTI, LUCKY, ANDRES, IVAN e ALEX .
GOLEADORES: Lucky
ASISTENCIAS: -

Proxima xornada será despois de semana santa, e recibiremos o segundo clasificado, Boqueixon CF.

No hay comentarios :