lunes, 21 de marzo de 2016

O PERSONAXE DO DÍA E...

ALBERTO FORJAN LUEIRO "LIVI" 
 
Tal día como hoxe, nacía un dos laterais mais proclives que sairía das categorías inferiores da SD Negreira, para acabar, como tantos outros que forman parte da actualidade do equipo, formando parte do clube de veterans.
Livi, que pode exercer a labor de lateral, tanto na banda dereita (posición onde se encontra mais cómodo) como na esquerda, é un defensa aguerrido e con bo toque de balón, destacando pola súa tranquilidade a hora de saír xogando o esférico dende a fase defensiva.
Alberto ainda que parece, pola súa condición física, un defensor fráxil fai que iso se compense coa sua disciplina e entrega, así como a súa efectividade nas accións que leva a cabo dentro do terro de xogo. Ainda que para moitos dea a sensación de que non é un xogador que sobresaia en nungún aspecto é notable en cada un deles, algo que é de agreceder para calquera entrenador.

Se os cálculos, dun que escribe, non son erróneos esta será a cuarta tempada que esta no clube.

Dende aquí, e neste día sinalado, darlle as nosas FELICITACIONS!!

No hay comentarios :