sábado, 26 de marzo de 2016

O PERSONAXE DO DIA É...

JESUS REY FERREIRO "CHITO"

Este negreirés con ascendencia bañesa, iniciaría a sua andadura futbolística nas categorías inferiores da SD Negreira partindo dende a zaga defensiva (xa que sería central nos primeiros anos de xogador) ainda que co paso dos anos foi adiantando a súa posición ata consolidarse como un dos dianterios mas destacables dos equipos por onde pasou.
Dianteiro de envergadura e robusto, que o fai destacar polo seu xogo de espalda a porteria pero tamén áxil no dominio do balón nos pes e cunha gran capacidade para a definición. Tamos a falar dun xogador que pode votar o equipo as suas espaldas e con unha gran capacidade para crecerse en circunstancias adversas.

Esta será a súa terceira tempada que disputa no clube.

So nos queda, debido a que se trata dun día sinalado, darlle as nosas felicitacións, FELICIDADES.

No hay comentarios :