sábado, 12 de marzo de 2016

O PERSONAXE DO DÍA E...

SANTIAGO FERNANDEZ PONTE "Santi Ponte"

Antes de comenzar con ista entrada, temos que pedir disculpa o citado debido a que por temas de papeleos, dentro da secretaría técnica, quedounos atrás o sinalamento desta día especial. Polo que dende este blog e o clube pedimos DISCULPAS.

Despois deste inciso, indicar que Santi, naceu un 3 de Marzo, nunha aldea da vila de Negreira, comenzando a súa andadura nas categorías inferiores da SD Negreira, compartindo vestiario con algúns nos integrantes que agora forman parte deste equipo de veteráns.
Este mediapunta destaca pola súa técnica, o seu talento e a súa habilidade co esferico nos pés que aporta este toque diferente o xogo e que necesita calquera equipo que queira ser competitivo.
Santi, tamén pode exercer de pivote ou interior de posesión con tendencia a crear o xogo do equipo e dar apoios os compañeiros mentras a compaña as xogadas en tareas ofensivas.


Esta é a segunda tempada que disputa co clube.

Aínda que sexa con retardo, dende o clube, queremos darlle as nosas FELICITACIONS por seu cumpreanos.

No hay comentarios :