lunes, 21 de diciembre de 2015

DECIMO QUINTA XORNADA DE LIGA

O pasado sábado, nun día coas condicións climatolóxicas adversas (un vento que non axudaba moito a práctica do fútbol) disputaríamos o derradeiro partido do ano, o cal coincidiría coa última xornada da primeira volta da Liga, rendendo visita o equipo de Outes Dep. Casais. 
Partido que ben a refrendar a maila seira de resultados que estamos pasando xa que seguimos sen conocer a victoria, que con esta xa van tres xornada seguidas, e fai deste mes de Decembro un mes aciago para o noso equipo. 
O resultado final do encontro sería de:
OUTES DEP. CASAIS 2 - 2 NEGREIRA VETERANOS
Os integrantes do plantel que se desprazaron, ata a Serra de Outes, para a dipusta do encontro foron: JUAN SOUTO, MORENO, LIVI, ANDRES, MANUEL, GOLAN, IVAN, ALBERTO, PENA, VIDAL, DAVID, LUCKY, CHITO e ALEX.
GOLEADORES: Ivan e Golan.
ASISTENTES: -


Esperemos que o novo ano o empecemos coas forzas renovadas e volver o camiño das victorias para seguir na parte alta da táboa clasificatoria, xa que os equipos perseguidores veñen apretando moi de cerca.

A próxima xornada xa será no mes de Xaneiro, o día 9, e teremos que desprazarnos ata Boiro para xogar contra o equipo do Kirs Boiro Roomel.

No hay comentarios :