lunes, 9 de noviembre de 2015

O PERSONAXE DO DÍA É.....

FERNANDO CAMBEIRO FILGUEIRA "Nando"
Nado un 9 dos correntes, Nando combina técnica e capacidade de organización que pon o servicio do centro do campo do equipo.
O xogador da Serra de Outres sempre brilou pola sua visión de xogo, o que lle fai que poida desempeñar varias posicións no terreo de xogo. Iniciouse na mediapunta habituandose a dar o último pase de gol ainda que nas últimas tempadas retrasou a súa posición no campo ata chegar a xogar na posición de lateral (tamén podemos destacar que nesta tempada fixo o seu debut na porteria cun alto rendemento) axudando en traballos defensivos e distribuindo o balón tanto na saída do balón coma nas primeiras fases do campo.
Debido a que manexa as dúas pernas con solvencia podese destacar o seu golpeo de balón tanto en faltas como en córners.
Esta a disputar a -- tempada no clube.
Darlle as nosas FELICITACIÓNS polo día do seu cumpreanos. 

No hay comentarios :