lunes, 9 de noviembre de 2015

NOVENA XORNADA DE LIGA

Primeiro sábado do mes de Novembro (e vispera da Carreira Popular de Negreira, onde houbo representación, un ano mais, do Clube de Veterans, tanto na organización como participando no evento) e unha nova xornada de Liga que pasa, sendo esta a novena.
O partido suporía unha nova perda de puntos como locais, xa que esta vez sería un empate (o segundo seguido no que vai de liga) deixando así escapar cinco puntos, no que vai de tempada, do noso feudo.
Asi, o finalizar o encontro o marcador final sería de:
NEGREIRA VETERANOS 2 - 2 DON BUDI
Os xogadores que disputaron o encontro foron: NANDO (segunda ocasion que se viste de cancerbeiro) MORENO, ANDRES, MANU, GOLAN, ALIJO, DAVID, ALBERTO, SANTI MARIÑO, AIRES, LUCKY, PENA, SANTI PONTE, LIVI, ALEX e VIDAL (este ultimo incorporariase na segunda parte por motivos de traballo)
GOLEADORES: Lucky e Aires (coa colaboración do defensa contrario)
ASISTENCIAS: David

NOTA: Nos próximos días subiremos os resultados dos atletas que participaron no Carreira de Negreira, mais algunha foto que lle sacaron.

No hay comentarios :