martes, 13 de octubre de 2015

QUINTA XORNADA DE LIGA

Este pasado sábado, día 10 de Outubro, tocaría disputar unha nova xornada de Liga, como locais, no Campo de Cepelo (Negreira) facendo de anfitrións o equipo de veteráns do Tordoia. Neste partido poidemos dar conta de que o plantel dispón de varios xogadores que poden exercer, en caso de forma maior, de porteiro; xa que, a falta do unico porteiro acreditado (Juan Souto) e sanción do habitual xogador de campo que, normalmente, se pon debaixo dos paos (Moreno) desta vez tocoulle a Nando, que non ten nada que envidiar a calquera porteiro que xoga na categoría. E como mostra esta que, durante os noventa minutos e mailo engadido, non recibiu gol algún.
O electrónico o rematar o encontro sería de:
NEGREIRA VETERANOS 4 - 0 TORDOIA VETERANOS
Os xogadores que se vestiron para disputar o encontro foron: NANDO, DAVID, MANUEL, ANDRES, GOLAN, ALBERTO, AIRES, PENA, SANTI MARIÑO, IVAN, CHITO, ALEX. VIDAL, PONTE e LIVI.
GOLEADORES: Vidal, Alberto (de penalti) e Pena (por partida dobre)
ASISTENCIAS: Alberto e Chito.

Próximo encontro tocaranos desprazarnos A Picota para xogar o derbi contra o Terra de Xallas.

No hay comentarios :