domingo, 25 de octubre de 2015

O PERSONAXE DO DÍA E...

M. ALEJANDRO FERNANDEZ CANCELO "Jano"
Nacido un 25 deste mes de Outubro, Jano ten o xen ganador moi presente, sendo campión tanto nas disciplinas de futbol sala, futbol 7 e futbol campo. Chegou o plantel do veterans coa experencia que lle dan os numerosos partidos disputados nas ligas e torneos nas diferentes modalidades mencionadas.
O Negreira Veterans ten neste mediapunta(ainda que tamen pode facer labores de mediocentro) un xogador capaz de encontrar a mellor opción en cada situación, con visión de xogo para asistir os seus compañeiros, un impresionante golpeo de balón e moita precisión tanto nas faltas como nos corners.
Nestes momentos, o equipo non pode dispor da súa contribución debido a unha lesión, en pretempada, que o fai estar lonxe dos terreos do xogo. Esperamos que pronto volvamos a disfrutar do seu xogo.
Esta é a 5 tempada (ainda que non consecutivas) que estará no plantel.
Como os demais xogadores que xa tiveron a súa entrada no seu día sinalado, desexarlle un FELIZ CUMPREANOS. 

No hay comentarios :