martes, 7 de mayo de 2013

Éxito na Fase Intercomarcal de fútbol sala


Multitude de público arroupou os xogadores dos distintos equipos que competiron no Pavillón de Pedra Mámoa e de San Vicente en a A Baña, durante a xornada do pasado sábado.
O ambiente foi excelente cun día soleado que animou a xente a acompañar os distintos equipos.
Despois da Fase de semifinais pola mañán, as finais presentábanse moi disputadas de inicio, 
pero o final os gañadores pasaron por encima dos rivais.
Finalmente en Infantís gañou o equipo das Baleas de Camariñas, en Alevíns gañou o equipo das E.D.M. de Vimianzo e en Benxamíns gañou o equipo de E.D.M. de Fisterra.
No tocante ós conxuntos de Negreira, estes acadaron sendos Subcampionatos en Benxamíns e en Alevíns. 
Os campións xogarán o vinderio sábado 11 de maio a FASE PROVINCIAL en A Coruña. Moita Sorte.
 

No hay comentarios :