domingo, 10 de marzo de 2013

NOVAS DE ATLETISMO



UN POUCO DE ATLETISMO

No que vai de ano entre os moitos logros dos deportistas de Negreira, temos que salientala saida a escea dun novo clube , o de atletismo de Negreira, que dende fai tempo estaba a ser  demandando por boa parte da sociedade barcalesa, e que sen duda está a sela nova deste comenzo de ano.
Pois ben os éxitos pasados, das escolas deportivas de atletismo da que forman parte moitos dos integrantes  do novo clube, ó fronte do cal estará entre outros Estevez, que continuará así a súa laboura de xa fai un bo tempo nas escolas deportivas municipais, temos que comenzar a contar os que se están a colleitar nas derradeirsa datas.
Ferrol, Pontevedra, Padrón, Riveira, xa coñecen ós nosos atletas e o seu bo facer, así por exemplo o 13 de xaneiro na XXX edición da popular de San Xiao de Ferrol, Lucía Crespo foi a primeira en cruzala meta na categoría infantíl femenina, mentrás que en categoría xuveníl, eran David Ardións e Adrián Freire os que acadarían o  treceiro e cuarto posto respectivamente.  
Na San Brais de Pontevedra, celebrada o día da candelaria e que xa vai pola V edición, os nosos coparon o máis alto do caixón, pois ós primeiros postos de Salama Loutfi en alevíns, Youseff Kouao en Junior e David Ardións en Xuveníl, sumaríanse o segundo de Adrián Freire nesta mesma categoría e o terceiro de Inés Tuñez en alevín feminino.
No cross de Riveira de novo repetirían posición na súa categoría os bos de David e Adrián.
A capital do Sar, o día 02 de marzo, tamén veu como os do clube nicrariense acadaban uns inmellorables resultados, pois en xuvenís a segunda, terceira e cuarta posición serían para David, Adrián e Ayoub Kouao respectivamente. En cadete feminino sería segunda Patricia Salgado. O mesmo tempo celebrabase tamén nesta localidade o Campionato Galego onde en Junior Youssef Kouao, sería nada máis e nada menos que terceiro.
A progresión de Youssef está a ser expectacular, e xunto con Lucía Crespo, son os abanderados desta nova fornada de grandes atletas que temos entre a nosa veciñanza. Precisamente esta última atleta merece unha mención especial, xa que os éxitos xa enumerados quí e noutras moitas ocasións neste espazo, temos que destacar o SUBCAMPIONATO GALEGO de 3000 m. En pista cuberta acadado recentemente, así como a clasificación para o CAMPIONATO DE ESPAÑA , logo de rematar na 7ª posición no Campionato Galego de campo a tavés.

No hay comentarios :