lunes, 28 de enero de 2013

CARLA RODRIGUEZ 2ª NO TERESA HERRERA

Onte a tarde tivo lugar o Trofeo Teresa Herrera de Karate, no que Negreira e a nosa Escola Akai Ryu estivo representada por Carla Rodríguez que participaba en dito evento como membro da Selección Galega.
Acadou o Subcampionato en Kata por Equipos coas súas compañeiras Carmen Linares e Paula Ramos do Clube Shihan de Lugo, tras perder a final por un 4-1 contra as actuais Subcampionas de España, o equipo Senior da Selección Galega formado por Noelia Cortiñas, Lara Abelleira e Rebeca González.
Lograron esa estupenda posición na categoría Senior, despois de derrotar ós demáis equipos das seleccións autonómicas participantes e a pesar de ser júniors.
En Kata Senior individual, Carla logrou a terceira mellor puntuación por detrás da Castellano-Leonesa (Belén Martín) e Noelia Cortiñas (a Seleccionadora de Kata da nosa Federación). No encontro por bandeiras e tras varios enfrontamentos, Carla perdeu o pase a final coa contrincante do País Vasco enfrentándose na repesca coa súa Seleccionadora de Kata, Noelia Cortiñas, perdendo este encontro e logrando un cuarto posto no interautonómico.
Un magnífico entrenamento preparatorio para o Campionato de España Senior e un excelente resultado da nosa Campiona! Noraboa!
FONTE: Akai-Ryu

No hay comentarios :