lunes, 10 de septiembre de 2012

NEGREIRA 1 - CÉLTIGA 1

O Negreira rescata un punto diante dun Célltiga moi perigoso (1-1)

Dous goles e catro balóns ó pau nun choque moi interesante
O Céltiga e o Negreira buscaron con fe o primeiro triunfo da temporada. Máis necesitados os de Oreiro que aínda non puntuaron, e os da Illa de Arousa máis cerca que nunca de colleitar tres puntos. Certo é que houbo reparto de ocasións e perigo. Na primeira metade o xogo estivo moi igualado en con chegas de perigo de ámbolos dous conxuntos. Se cadra un lanzamento ó poste de Matelo foi a ocasión máis salientable dos nicrarienses. Pero ó Céltiga chegoulle cunha vez para marcar. Un balón que se rifaron entre central e lateral dos locais nas postrimerías do primeiro acto propiciou que Antonio probase fortuna dende fóra da área marcando o cero a un, resultado co que se chegou ó descanso.
O segundo tempo obrigou ó Negreira a expoñerse. Oreiro colocou un só medio centro e os locais bombardearon a zona de ataque cun futbol máis directo e máis efectivo. iso provocou que o Céltiga tamén contase con opcións. Matelo repiteu lanzansdo ó pau e o dianteiro visitante Ferreiro en boca de gol tirou por fóra da meta de Sergio Ríos.. Xusto cando o partido morría, un lanzamento de Adrián foi cabeceado maxistralmente por Marcos batindo a Vila.
O Céltiga aínda tiña dous cartuchos gardados, a primeira nunha boa xogada de Berto que puido sentenciar para o Céltiga pero o coiro foi ó longueiro. O empate era froito do empeño dos de Oreiro e a perigosidade que amosaron todo o partido na estratexia ofensiva a balón parado. Aínda houbo unha opción final para Unai que rematou pero a pelota bateu outra vez no pau.
Ficha técnica
SD Negreira: Sergio Ríos, Paco, Gonzalo Igleisias, Marcos, Gesto; Manuti, Adán (Dani Méndez, min. 60); Rego (Gonzalo Suárez, min. 80), Adrián, Matelo (Toño, min. 85); Diego Otero.
Céltiga CF: Vila; Janeiro, Unai, Oscar García (Carlos, min. 75), Óscar Río; Beni (Javi, min. 88); Rubén Cerqueiras (Josiño, min. 65), Antonio, Groba, Berto; Ferreiro.
Goles: 0-1, min. 44: Antonio; 1-1, min. 85: Marcos.
Árbitro: Formoso Sánchez (Ferrol). Amomestou a Adán polos locais e a Beni polo bando visitante
Campo: Jsésus García Calvo, boa entrada
Vestuarios
Oreiro: "Estou moi contento coa reacción do equipo. Na segunda parte empuxamos e igualamos, mesmo puudemos ter gañado. Creo que é un punto moi valioso e co tempo saberemos o que significou este partido diante dun bo rival".
Núñez: "Quédome coa sensación que se nos foi o triunfo porque en canto a xogo si é certo que houbo moita igualdade, pero é que moitos apuros non pasamos. Eles tiveron que poñer todo para poder superarnos polo que estou moi contento co meu equipo".
FONTE : axogada.com

No hay comentarios :