lunes, 3 de septiembre de 2012

NEGREIRA 0 - SOMOZAS 1

O Somozas gaña en Negreira e ratifica o bo momento (0-1)

Un gol de falta de Edi deulle azos ós visitantes.
Os dous equipos sufriron moito coa calor
Partido de equipos en construcción. A través do resultado un mellora e o outro queda tocado. O Negreira, en dous partidos, marcha de baleiro e hoxe quizáis máis preocupado que hai sete días en Vilalba. O Somozas reforza a súa idea a través dun triunfo traballado e merecido. Partido de alta intensidade e igualdade que se rompeu pronto. No primeiro cuarto de hora unha falta directa transformada polo capitán Edi deulle vantaxe ó Somozas. A confianza que colleu o cadro de Míchel con este tanto propuxo un partido diferente do agardado. O Negreira, en teoría, debía tomar máis riscos e iso propiciaba máis posibillidades.
Sin embargo, o partido non mudou e o Negreira cosido atrás e esperando contragolpear. Poucas opcións, agás que Ekedi tivo un man a man só contra Ríos que botou por fóra cando o más doado era facer outro gol visitante. O partido non tiña un claro dominador porque os dous conxuntos xogaban a súa baza psicolóxica. Antes do descanso Diego Otero voleou dentro do área un centro, pero o remate fose alto. Foi a opción máis clara dos de Oreiro nos primerios corenta e cinco minutos.
Co ferrollo posto na meta de Paco, o Somozas soubo sufrir nas faltas laterais e nos córners. Só a través do balón parado, o Negreira era capaz de inquedar. Pero as forzas remitían e foi cando o Somozas volveu ter opcións de sentenciar. Carlos e Rubén Gómez tiveron senllas oportunidades de gol ante Sergio Ríos pero non acertaron a marcar. Con espazos o choque volveuse máis denso, tanto que acabou perdendo a intensidade que tivera antes.
Ficha Técnica:
SD Negreira: Sergio Ríos, Rego, Óscar Vidal, Marcos, Gesto, Adrián, Matelo (Paco, min. 70), Gonzalo Suárez, Manuti (Méndez, 60), Hugo Arnejo (Adán, min. 60) e Diego Otero.
UD Somozas: Paco, Dani, Suso, Álex Bao, Fiuza, Edi, Diego Rey (Rubén Gómez, min. 63), Jesús, Ekedi (Carlos, min. 75), Denis y Pablo Berros (David Franch, min. 85).
Árbitro: Castiñeira Blanco, colexio coruñés. Amonestou polo bando local a Adrián, Manuti e Hugo Arnejo e os visitantes Fiuza, Edi, Carlos e Pablo Berros.
Gol: 0-1 min. 16: Edi.
Campo: Jesús García Calvo.
Vestuarios
Míchel Alonso: "Creo que xogamos un partido moi completo, agás na definición. Tivemos opcións para non pasar ningún apuro e o certo é que non pasamos por grandes problemas. Estamos crecendo mailia ter baixas moi sensibles con xente desequilibrante. O equipo está respondendo"
FONTE : axogada.com

No hay comentarios :