jueves, 6 de septiembre de 2012

5ª Andaina Popular “Negreira no Camiño de Fisterra-Muxía”.

Sobre 25 quilómetros de marcha entre a vila e os montes da Pena, vai ter lugar o sábado día 22 de setembro. Con esta iniciativa preténdese familiarizar aos participantes neste tipo de proba longa, ademáis de potenciar e dinamizar o Camiño de Fisterra-Muxia, no seu importante treito por Negreira. Este ano a principal novidade será a celebración dunha proba infantil de 4 quilómetros polo paseo fluvial do río Barcala. REGULAMENTO -

1.- ORGANIZACIÓN

A proba está organizada polo Concello de Negreira

2.- INSCRICIÓN

Poderá realizarse en:

- Delegación de Cultura e Deportes do Concello de Negreira

Teléfono: 981.885 886 Fax: 981.885 328

e-mail: culturadeportes@concellodenegreira.esEsta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

A data para a inscrición será do 1 ó 21 de setembro.

3.- SAÍDA E CHEGADA

Farase dende o Campo da Feira na data sinalada ás 9:00 horas. É preciso estar no punto de saída 30 min. antes do inicio da proba. A Meta situada no Campo da Feira pechará ás 16:00 horas (7 horas despois do inicio).

Ás 11:00 h. terá lugar a saída infantil na que o remate haberá xogos e inchables para todos os participantes.

4.- DISTANCIAS E ROTEIRO

A proba consta de 25 quilómetros de dificultade media, trascurrindo polo tramo do camiño de Fisterra o seu paso por Negreira.

Este ano tamén hai unha proba infantil con 4 quilómetros polo paseo fluvial.

O camiño estará convintemente sinalado para facer o percorrido andando, non correndo, dende a saída ata a meta, con indicadores e frechas cada certos metros para que non haxa ningunha posibilidade de perda.

5.- AVITUALLAMENTO

Ao longo do percorrido haberá varios puntos de avituallamento coa finalidade de prover aos participantes de auga e comida durante o tempo no que se desenvolva a proba. Estarán ubicados en:

1.- km. 5, Broño: auga e froita

2.- km. 9, A Pena: auga, froita e bocadillos

3.- km. 16, A Pena: auga e froita

4.- km. 20, Broño: auga e froita

6.- SERVIZO DE MASAXISTA

Na liña de meta haberá servicio de masaxista para toda a xente que o necesite.

7.- CONTROIS E CUALIFICACIÓNS

Os controis estarán situados nos puntos de avituallamento. Tódolos camiñantes que fagan a proba terán como agasallo unha gorra alusiva da proba e entrará nos sorteos que se fagan na meta.

CONTROL: levarase o díptico interior en todo o percorrido, para poderser cuñado nos puntos de avituallamento. Cada participante levará un dorsal suministrado pola organización e imperdibles para suxeitar á camiseta, que se darán na saída e deberán presentalo na meta. Trátase dunha proba de fondo, polo que é moi importante estar ben preparado fisicamente, polo que se aconsella camiñar con anterioridade.

FONTE: concellodenegreira.es

No hay comentarios :