jueves, 7 de junio de 2012

Javier Oreiro regresa ao banco do Negreira


O técnico vivirá unha segunda etapa como adestrador do club, despois de facelo por primeira vez na campaña 2003-2004

Javier Oreiro será a substitución de Julián Ferreiro no banco do Negreira para a próxima campaña en Terceira División. O pasado curso deportivo acabou como adestrador do Lalín nesta mesma categoría, aínda que durante o verán abandonou o Ordes na pretemporada.

Oreiro vivirá unha segunda etapa como adestrador do Negreira, despois de facelo unha primeira vez na campaña 2003-2004, xusto antes de que o equipo dese o salto histórico a Segunda B. Era o nome que soaba con máis forza entre os tres candidatos máis firmes que inicialmente barallou o club. A lista formábana tamén Javi Touriño e Ramiro Sorbet, aínda que é certo que o club rojill...o sondou a outros posibles aspirantes, como Nacho, ex do Ordes, e Miguel Figuera, ex do Soneira.

Finalmente, o elixido foi un adestrador que coñece ben ao Negreira, club no que estivo como xogador. «É unha volta dez anos despois a un clube co que me sinto moi vinculado pola cercanía a Santiago, aínda que agora son unhas circunstancias especiais pola limitación presupostaria, algo que, dito sexa de paso, afecta a case que todos os clubes», asegura o técnico de Bembibre, que non nega as ofertas doutros equipos, como o Vilalbés, despois do seu paso polo Lalín.

Oreiro admite que a conxuntura de crise actual obriga a axustar ao máximo a contratación de xogadores, pero confía en que a directiva do Negreira -deixa claro que el non fichará- poida confeccionar o mellor cadro de persoal posible: «Hai que saber convivir coa realidade, pois é algo que lle pasa a moitos clubes». En canto ao corpo técnico, asegura que estará «un preparador físico e un adestrador de porteiros, que será unha figura que o club quere incorporar para traballar tamén coa base».

Di que haberá unha maior coordinación entre o primeiro equipo, o filial e o xuvenil para aproveitar mellor a estrutura e os recursos que posúe o Negreira, «un clube que cumple cos seus compromisos, algo que os propios xogadores valoran positivamente, pois o Negreira na súa traxectoria de máis de dez años en Terceira nunca fallou cos seus xogadores». Recoñece que é «unha boa oportunidade para iniciar un novo proxecto».

«É un clube que cumple cos seus compromisos económicos, algo que os propios futbolistas agradecen»

Fonte: lavozdegalicia.es . Escrito por: EMILIO FORJÁN

No hay comentarios :