miércoles, 7 de marzo de 2012

OURO , PRATA E BRONCE PARA OS KARATEKAS DE NEGREIRA

Este pasado Domingo celebrouse en Narón organizado pola Federación Galega de Kárate ,  o campionato Galego Infantíl de karate , onde unha vez máis os nosos deportistas raiaron a un gran nivel . Na modalidade de Kata foi onde a Escola de Akai-Ryu acadou na categoría Alevín Feminina o primeiro posto con Melani Suárez e sendo segunda  Alba Vázquez .
Na modalidade de Kumite sería desta vez o Clube O Coto o que se faría cun terceiro posto na categoría Xuveníl masculina de + de 60 kilos , da man de Iago Casas .
Noraboa unha vez máis ós nosos deportistas . Os éxitos seguén a chegar para os de Negreira , fruto da boa saúde do noso deporte e do bo traballo realizado  .

No hay comentarios :