lunes, 12 de marzo de 2012

Negreira Veteranos 2 - 3 Almacenes Cancela Tordoia

Partido disputado no municipal de Cepelo ante o Almacenes Cancela de Tordoia nunha tarde anormalmente calurosa para este tempo. E parece que o calor non afectou aos dous equipos por igual xa que mentras ao equipo visitante parece que lle deu folgos, no noso caso parece máis ben que servíu para que colleramos unha insolación.
Así pois este equipo que ocupou durante moitas xornadas o posto de pechacancelas ve cómo existe luz ao final do túnel e empeza a pensar que existen posibilidades de salvación.
O partido xa non empezou ben poisa o cuarto de hora encaixamos o primeiro gol aproveitando un balón por riba da nosa defensa que aproveitou o dianteiro que logrou romper o fora de xogo.
Os minutos posteriores non fixeron outra cousa que constatar que o sábado non sería un día afortunado para os nosos intereses pois quedou patente a nosa desgana e desidia que á postre serían determinantes para o resultado final.
Aínda así, ao final da primeira parte chegaría o empate froito dun arreón protagonizado polo home de moda que non é outro que Fermín. Este bravo asturiano combina un físico brutal con destellos de calidade que adoitan a ser suficientes para materializar goles decisivos nos últimos encontros. Capi foi o que colocou o balón no sitio xusto para que o matador Fermín colocara con certeza o balón no fondo da portería visitante.
Tras o descanso, Couso nunha clásica internada pola banda esquerda, centrou para que Mario nos colocara en vantaxe. A cousa pintaba ben e xa todo o mundo pensaba no ansiado gol da tranquilidade que deixara as cousas no seu sitio.
Pero o destino gardábanos outro resultado ben distinto. Pouco a pouco fomos cedendo terreo ao Tordoia que empezou a crer nas súas propias posibilidades e a medida que éstas aumentaban diminuían as nosas ansias por gañar. A indolencia do equipo foi en aumento e de novo Fermín desaproveitou unha ocasión de ouro para sentenciar o partido. No seu lugar, o Tordoia empezou a utilizar de novo a arma que mellor resultados lles empezou a dar no partido: o contragolpe. Aproveitando a nosa falta de agresividade comezaron as chegadas con perigo á área defendida por Berdullas pero ninguén esperaba que en cinco minutos o resultado dera un volco total e nos situáramos en desvantaxe e con tan só tres minutos para unha reacción que nunca chegaría.
Probablemente o desconcerto que provocou en nós este resultado adverso a piques de rematar o partido fixera que os nervios nos atenazaran e que impediran calquera atisbo de reacción.
Así pois, esta derrota fixo que descendéranos catro postos na táboa clasificatoria nunha soa xornada que da unha idea do apretado que está todo do séptimo posto para abaixo. Os dous próximos partidos non son en principio favorables para os nosos intereses pois o próximo sábado visitaremos a cancha do Boqueixón e logo será o Maderas Ramos quen rendirá visita a Negreira.

No hay comentarios :