miércoles, 14 de marzo de 2012

FINAL DO CAMPIONATO GALEGO POR EQUIPOS DE TENIS +45

Rematou a Liga no campionato galego de tenis por equipos + 45 2ª categoría zona norte , onde o Clube de Tenis Negreira acadou o ansiado ascenso , con tres xornadas de antelación á finalización da competición , e na cal gañou tódolos seus encontros coa excepción da derradeira xornada . Agora toca disputala final para dirimilo campión galego para o cal deberán enfrontarse ó Clube de Tenis Redes (B) gañador do outro grupo .


A data fixada será o domingo día 18, e o lugar da final virá determinado polo azar, se a terminación do cupón da ONCE de hoxe mércores é impar xogarase en Redes, e si polo contrario é par en Negreira. O motivo da decisión dos dous capitáns ven despois de darlle moitas voltas, pois as alternativas eran escasas en datas e pistas. O domingo día 25 de Marzo comenza o Campionato Galego absoluto por equipos, e o clube de tenis Redes entre masculinos e femininos ten 4 equipos, mentrás que os nosos contan con tres equipos inscritos no absoluto, e como mínimo un equipo vai xogar na casa nas datas que tiña previstas a Federación Galega para disputla final de veteranos, días 25 de Marzo e 1 de Abril, co cual con tres pistas tanto en Redes como en Negreira faise imposible que se poidan disputalas duas competiciones , e de ahí a toma desta decisión .

Agora so esperar que o cupón remate en par , para xogar na casa ante a súa afición e celebrar con eles o Campionato .

No hay comentarios :