miércoles, 14 de marzo de 2012

FASE FINAL DEPORTE ESCOLAR FÚTBOL SALA

As Escolas Deportivas Municipais de fútbol sala optan a acadar o título de campións na fase final da competición escolar da Liga Comarcal de Barcala-Xallas e Muros, na xornada deportiva que se celebra este sábado día 17 no pavillón da Fontenla, no concello de Santa Comba. Concretamente, farano os seus equipos de Alevíns e Benxamíns, dirixidos por Luis Zarco e Abel Pérez, logo de acadar o primeiro e o segundo posto, respeitivamente, na fase regular do campionato.

Nesta fase os catro primeiros de cada categoría na Fase Regular, enfrontaranse entre eles disputando primeiro as semifinais e despois as finais. Os encontros de semifinais xóganse pola mañán e as finais pola tarde.
Desexámoslles moita sorte este sábado en Santa Comba. Compre lembrar ca os campións pasarán á Fase Intercomarcal que xogaráse no mes de abril.
Os horarios e enfrentamentos completos son os seguintes:

SEMIFINAIS

ALEVÍN
11:30 h E.D.M. NEGREIRA – E.D.M. MAZARICOS
12:15 h E.D. OS MIUDOS – E.D.M. SANTA COMBA

BENXAMÍN
12:45 h E.D. OS MIUDOS B – C.F. PORTOMOURO
13:15 h E.D.M. NEGREIRA. – AMARELLE F.S.F.

FINAIS
16:00 h CATEGORIA BENXAMÍN
17:00 h CATEGORÍA ALEVÍN

FONTE : concellodenegreira.es

No hay comentarios :