lunes, 5 de marzo de 2012

ENCAIXE DE BOLILLOS DOS DE ESTEVEZ EN CAMARIÑAS

Os represententes das escolas deportivas de Negreira co seu adestrator Estevez desprazaronse ata a vila mariñeira de Camariñas para disputala I Popular desa localidade , acadando unha actuación inmellorable .

Así en categoria Alevín nun percorrido de 800 metros o incombustible Martín Darriba fisoxe coa primeira praza . Lucía Suarez en infantil feminino tamén subiu ó máis alto do podium , neste categoria a distancia da proba foi de 1000 metros .

Nas categorias Cadete e Xuveníl a distancia a percorrer sería de 2000 metros . En cadetes masculino Adrián Freire foi segundo , mentrás que na categoría cadete feminina as de Negreira fiseron pleno copando as primeiras prazas con Nuria Rodriguez no máis alto , sendo Marta Fagín segunda e completando o podium Patricia Santana na terceira posición . Para rematar ese magnífico concurso dos nosos atletas a categoría Xuveníl masculino veu como as duas primeiras prazas foron para os nosos , sendo Yousef Kouao primeiro e David Ardións segundo .

Noraboa unha vez máis a todos eles e o seu adestrador .

No hay comentarios :