lunes, 27 de febrero de 2012

DISTINCIÓNS PARA NEGREIRA NA III GALA DO KARATE GALEGO

A Federación Galega de Kárate celebrou o pasado sábado, no Hotel Tryp Coruña, a súa III Gala do Kárate, na que se premia ás institucións, clubs e deportistas galegos que colaboren ou alcanzaran algún éxito relevante nesta disciplina deportiva no pasado ano 2011. Unha das institucións públicas recoñecidas este ano foi o Concello de Negreira, pola súa colaboración na celebración do Campionato de Kárate Galego Senior 2011 no pavillón de Pedra Mámoa. Este galardón foi recollido polo primeiro tenente de alcalde, Juan Rey Maceira. Tamén foron galardoados os concellos de Narón, A Coruña, As Pontes e Ferrol.
De entre os 23 karatecas galardoados nesta edición, compre salientar a presenza da xoven karateca Carla Rodríguez Fernández, polo seu terceiro posto conquerido no III Trofeo Interautonómico Teresa Herrera da Coruña, na modalidade de kata por equipos, mérito que se suma ao traballado cuarto posto logrado no Campionato de España cadete/xunior e sub-21 celebrado en Tarragona o pasado mes de decembro.
Por último, tamén queremos salientar o galardón ao mellor árbitro galego do 2011 que recaeu na negreiresa Cristy Shedimar Tojo Velasco, premiada ao igual ca Carla Rodríguez Fernández, na recente primeira edición da Gala do Deporte do Concello de Negreira. Noraboa para ambalas dúas, quenes pertencen á disciplina da Escola Akai-Ryu, quenes tiveron ben cerdernos unha fotografía da Gala do Kárate Galego.
FONTE : concellodenegreira.es

No hay comentarios :