jueves, 8 de septiembre de 2011

TROFEO 3x3 DE BALONCESTO

Organizado pola Asociación Xuvenil Nicraria , e coa colaboración do concello de Negreira , o sábado 17 de Setembro a partir das 16:00 horas , disputarase un torneo 3x3 de baloncesto , en categoría Senior .

De permitilo o tempo será no parque de O Coto , se non pasaríase a xogar no pavillón de Pedra Mamoa .
A data límite para anotarse remata o día 15 de Setembro , formalizandose nos teléfonos 699 216 013 ou 629 544 685 , e deberase aboar a cantidade de 25 € por equipo .
Os equipos constarán dun máximo de 5 compoñentes .
Os tres primeiros clasificados terán un premio en metálico , sendo para o 1º clasificado o de 200 € , ó segundo corresponderalles 100 € e ó terceiro 50 € .


No hay comentarios :