sábado, 10 de septiembre de 2011

LIGA E COPA FÚTBOL SALA 2011-2012

A liga e copa de fútbol sala do concello de Negreira 2011-2012 , comenzará o vindeiro lúns 17 de Outubro . Ainda queda máis dun mes para o seu inicio , pero é importante que os equipos que vaian participar formalicen o antes posible a súa inscripción co fín de ir confecionado con tempo o calendario da competición . O prazo para anotarse finaliza o mércores día 5 de Outubro , e será imprescindible asistir á reunión no Telecentro da casa da Cultura , fixada para o venrés día 7 de Outubro ás 21:00 horas . A inscripción formalizarase coma sempre na Delegación de Cultura e Deportes do Concello de Negreira , no teléfono 981 885 886 , no fax 981 885 328 ou ben no enderezo de correo electrónico culturadeportes@concellodenegreira.es . O prezo a aboar será de 270 € por equipo participante .Para máis información podedes visitala páxina www.concellodenegreira.es .
A participación está aberta ós maiores de 16 anos , e poderán participar tódolos equipos que o desexen , tanto do Concello como de fora del , cun máximo de 12 xogadores por conxunto . A 1ª División contará cos 10 primeiros clasificados da tempada pasada e os 2 ascendidos , mentrás que a 2ª División estará composta polos últimos clasificados do ano anterior , máis os 2 descendidos e os equipos novos na liga .


No hay comentarios :