A inscripcición , deberá realizarse na Delegación de Cultura e Deportes , en horario de 9:00 a 15:00 , ata o 07 de Outubro .
Os prezos varian según o número de membros da mesma familia ou o das actividades a realizar , así será de 40 € por persoa , pasando a 35 € anotandose máis dun membro da familia , ou escollendo máis dunha escola . 30 € deberán aboar cando sexan máis de dous membros da mesma familia os anotados , ou sexan máis de duas escolas das que se pretende disfrutar . Estes prezos manteñense para tódolas escolas coa excepción de Ximnasia de mantemento que custará 50 € .
O abano de actividades ofertadas no eido deportivo son as de actividades predeportivas para os máis pequenos , aerobic , atletismo , baloncesto , balonmán , deportes de contacto , fútbol sala , kárate , multideporte , tenis , patinaxe , ximnasía de mantemento , ximnasía rítmica e ximnasía para maiores .
Xa no apartado cultural as actividades propostas son a de danza tradicional , teatro , danza moderna , iniciación ó jazz , informática e costura .

No hay comentarios :
Publicar un comentario