miércoles, 8 de junio de 2011

ENTREVISTA A CARLOS RUSO , ADESTRADOS DOS XUVENÍS DO NEGREIRA

Logo dos éxito sen precedentes na longa historia do fútbol base de Negreira , dende este espazo aberto polo Negreira veteranos , e que non é outro que o noso blog a través do cal ademais de informar das nosas venturas e desventuras , tratamos de cubrir toda aquela nova deportiva de interés da nosa comarca , non quedaba outra que poñernos en contacto cun dos artífeces deste Gran logro e máximo responsable técnico dos xuvenís do Negreira o seu adestrador Carlos Ruso , o cal amablemente concedeunos a seguinte entrevista .

N.V.: ¿Cal foi o teu primero contacto co fútbol?


C.R.: Como xogador empecei nos infantís do Negreira, en donde estuven hasta o primeiro ano xuvenil que fichei polo Atlético Fátima de Santiago e ó rematar a etapa de xuvenil volvin o Negreira dous anos, posteriormente fun outros dous anos ó Atlético Mineiro de Santa Comba e rematei no Agrón onde xoguei 4 anos máis, hasta os 27 anos.

N.V. :¿Cómo te iniciaches como adestrador?

C.R. : Como adestrador empecei, fai xa dez anos, entrenando os alevíns do Negreira, (entre eles estaban gonzalo e diego gesto, hoxe xogadores do equipo de terceira), continuei un ano máis entrenando ós infantiles e gañamos a liga co mismo equipo.
Despois deixei temporalmente de entrenar hasta fai 4 anos que me ofreceron entrenar ós xuvenís, e hasta ahora. Neste tempo, no primeiro ano rematamos segundos a liga e non conseguimos ascender a liga gallega, no segundo ano fomos campeóns de liga e tamén conseguimos gañar a copa do sar da categoría e o ascenso a liga gallega.
Na liga gallega este é o segundo ano que estamos, por primeira vez o ano pasado conseguimos manter a categoría e este ano pois fomos campeóns de liga e conseguimos o ascenso a liga nacional.

N.V. : ¿Quén é teu adestrador modelo?

C.R. : Pois non teño un referente, creo que ainda que a cada un lle poida gustar máis xogar dunha forma ou de outra, considero que o entrenador debe adaptarse os xogadores que ten, encontrar o mellor sistema para o seu equipo, co que lle consiga sacar o mellor rendemento ós seus xogadores e sobre todo traballar moito e involucrar o grupo nese traballo.

N.V. : ¿Qué sistema de xogo che gusta máis?.

C.R. : Tal como decía anteriormente, penso que o entrenador debe encontrar o sistema que mellor se adapte o seu equipo. Pero a min personalmente, o que máis me gusta é o 1-4-4-2.

N.V. : ¿Qué importancia lle das nos partidos ó traballo realizado nos adestramentos?

C.R. : Moita, durante a semana entrénase para trasladar ese traballo ós partidos e así poder mellorar, son dos que pensan que se xoga como se entrena, no noso caso,si se entrena con intensidade o lóxico e que tamén xogues con intensidade; a partir de ahí o rival tamen xoga e as cousas poderan saír mellor ou peor que do ensaíaches durante a semana.

N.V. : ¿Qué cualidades debe poseer un adestrador de fútbol base?

C.R. : Considero que o entrenador de fútbol base debe ser paciente cos rapaces á hora de enseñarlle, que os rapaces o pasen ben, disfruten xogando ó fútbol pero ó mismo tempo respeten ó entrenador e ós seus compañeiros, o fútbol é un deporte de equipo e todos se teñen que sentir importantes dentro do grupo, si se consigue involucralos no grupo e hai un bo ambiente, os rapaces estarán a gusto e todo será moito máis fácil para entrenar e xogar.

N.V. : ¿Onde radica este éxito sen precedentes para os xuvenís?

C.R. : Pois un pouco contesteino na anterior pregunta, creo que todos os xogadores se involucraron no equipo, todos aportaron e puxeron moitas ganas nos adestramentos e partidos, e creo que eso, ser o equipo que mellor entrenaba foi o que nos levou a ser campeóns. Nesto ten moito que ver Alberto Viaño, que este ano me axudou a entrenar, e cos seus coñecementos subíu considerablemente o nivel dos entrenamientos que non ten nada que envidiar a equipos de superior categoría.

N.V. : ¿Cantos xogadores do xuvenil incorporará a primera plantilla do Negreira e con cantos seguirás contando en idade xuveníl para o ano ?

C.R. : A primeira parte da pregunta non a podo responder porque non está nas miñas máns a decisión, pasan de idade xuvenil 9 rapaces, e continúan como xuvenís 11, e máis os que suban dos cadetes.

N.V. : ¿Como se presenta o futuro do equipo?

Pois de momento aínda estamos disfrutando deste ascenso histórico e do que aínda non somos moi conscientes.
Si pensamos na próxima temporada direiche que vai ser un ano para disfrutar da categoría pero ó mesmo tempo un ano difícil, pois o nivel desta categoría vai esixirnos moito máis, haberá que reforzar ó equipo nas posicións que se quedan un pouco "coxas" ca marcha de algúns xogadores, e eses reforzos teñen que ser de nivel; cos reforzos, cos rapaces que suban de cadetes e cos rapaces que quedan e máis participaron esta temporada e que formarán a base do grupo, haberá que traballar máis aínda que este ano para intentar manterse na categoría.

N.V. : Darche as grazas pola deferencia que tiveches con nós o concedernos esta entrevista e desecharche a ti e os teus pupilos o mellor na tempada que ven , e ata entón que sigades disfrutando dos éxitos acadados este ano .
C.R. : Quixera agradecer o voso interese no equipo xuvenil,e especialmente a aqueles que se deixaron ver nos partidos e algúns incluso nos acompañaron nos adestramentos.
Moitas gracias a todos, un abrazo veteranos!!

No hay comentarios :