sábado, 25 de julio de 2009

CARRILANAS ACUATICAS

Ata o vindeiro 31 de Xullo podemonos anotar para participar na VIII carrilana acuática do Tambre , podemolo facer no concello de Negreira ata as 14.30. Se queredes máis información chamar ó teléfono 981885886 ou na páxina festexosnegreira.blogspot.com .
A saída que será ás 16.30 dende ponte Insua e terá lugar o vindeiro sábado día 1 de Agosto . Organizada polo concello de Negreira e coa colaboración de festexos de Negreira , o custo da inscripción é de 20 € , entregarase a cada participante un chaleco salvavidas que terá que ser devolto ó remate da proba . Os premios daranse á carrilana máis orixinal , á 1ª en chegar á meta e á que a súa tripulación vaía mellor disfrazada , e serán todos de 80 € , máis trofeo . Na liña de meta na ponte de Ons teremos actividades gratuitas de xogos tradicionais , pelota xigante zorbing e balsas para dar paseos . Para rematar a xornada teremos unha gran churrascada no campo da feira por un precio de 10 € a ración de churrasco e viño , eso si a tódolos participantes a ración de churrasco xa lle vai incluida no precio da inscripción .

No hay comentarios :