martes, 5 de mayo de 2009

XUSTICIA ROMANA DENDE A AGRUPACIÓN

"A xusticia é a constante e perpetua vontade de dar a cada un o seu."
Ulpiano, xurista romano.

Parecen confirmarse os rumores que circulaban polo Val de Barcala dende fai quince días , e dos que se fixo eco radio Negreira , dando a nova en horario de máxima audiencia . Estes non son outros , que a medida exemplarizante tomada pola Agrupación de deportistas veteranos de Santiago , en contra dos intereses "pouco deportivos" , de un dos equipos que compiten na División de Honor , a raíz da reclamación do casa Barqueiro .

A punta do iceberg , e que este equipo anotou a un xogador que alternaba as competicións de fútbol federado e fútbol veterano . Decimos que é so a punta do icebreg , porque neste ruxe-ruxe , chegouse a decir por parte de algún dos implicados (que xogaron sen estar fichados) que participaron rapaces en "idade escolar" .
A sanción imposta é a perda de nove puntos na competición , e os cinco anos para poder voltar a xogar en veteranos ó implicado .
Lamentablemente este episodio , xa repetiu con este equipo anos atrás co intento da compra dun partido ( a cantidade vamonola resevar pero era interesante) , para tentar evitar o descenso , implicando en él neste caso ó noso conxunto . A nobleza do Dodro quedou demostrada naquel intre , o facer valer ante todo o espíritu dos veteranos e negarse en redondo a tal amaño . Nós fixemos na última xornada os deberes e iles non , por iso continuamos en División de Honor .
Por iso debemos mostrar respecto a conxuntos como o Lalín que xa descendido está a xogar con dez moitos partidos , pero tenta rematala tempada da maneira máis digna posible .
Mentrás outros adulteran a competición , co único obxectivo de permanecer , nunha categoría a costa do que sexa , parece como si co descenso , os patrocinadores , os ingresos por televisión e outro tipo de emonumentos se foran a deixar de precibir .
Aquí debe imperar o "espíritu veterano" de pasar un bo rato cos amigos e compañeiros , estes na categoria que estes , sempre tentando de mellorar deportivamente os teus resultados e de estar o máis arriba posible , pero sen por eso ter que pisar a ninguén .
Esperemos que esta sanción faga recapacitar a aqueles que dan as costa ó "fair play" , e non teñamos que chegar en veteranos ó extremo de facer revisión de fichas antes de cada encontro , sería lamentable .
Dende a directiva propoñemos , para sacar este mal sabor de boca que nos está a deixar a todos esta nova , e celebrar o fín de tempada , que adoremos en datas próximas , ós mesmos deuses que Ulpiano adoraba , e así como Saturno deboraba ó seu fillo , nós fagamos o mesmo cunha suculenta paella ou un bo churrasco . Ó mesmo tempo rendiremos , como non pode ser de outra maneira , pleitesía o deus Baco , deus do viño , e tan idolatrado polos membros da nosa plantilla , xunto coa deusa Ceres sen a cal non poderíamos degustala tan socorrida cervexa.

1 comentario :

Anónimo dijo...

Son xogador do Rosalia e perdemos ese partido no que fixeron aliñacion indebida. Nos non nos decatamos de nada, tivemos as nosas opcions nalgun momento pero finalmente pasaronnos por riba, si levamos 10 non pasa nada. O certo e que ese dia podían facer 2 equipos cos cambios que tiñan e certamente habia xogadores que non nos sonaban de nada da primeira volta. No partido quedou ben demostrada a sua deportividade nunha xogada na que xa gañaban 3-1, e casi o borde da sua area queda un xogador deles tirado no chan queixándose, e sale un compañeiro del co balon quedándonos todos parados para que botase o balon fora e atendelo, e dito xogador facendo oidos sordos a todos,chega a nosa porteria, Morla (o noso porteiro), apartase da porteria, e este pasallo a un compañeiro e marcan gol.Logo desto ainda se reían de nos.
Nesta liga hai equipos cos que da gusto xogar, a maioria, pero outros sobran, como estos elementos, que antepoñen o egoísmo e as trampas os valores que realmente son os que nos xuntan cada sabado para pasar un bo rato.
En fin, creo que deberian meterlle tamen 5 anos o equipo sen competir, porque repito, este equipo sobra. Veña, sorte.