lunes, 7 de julio de 2008

AVENTUREIROS EN PERÚ


Logo dunha longa viaxe partindo dende A Coruña ata o Perú, os negreireses Rubén Suárez Carballo e Pablo Fadeville Cajuso, xunto co noies Andrés Villar Murillo, xa están a chegar o campamento base onde estarán uns días para preparar o seu obxectivo e aclimatarse a altura.
Pero ata chegar aquí xa non faltaron as dificultades como a cancelación dun dos voos de enlace, que solucionaron facendo un traslado ata Santiago de Chile, ou a perdida de varios paquetes con materiais básicos de cara a levar a cabo a expedición e escalda ó Nevado Choquezafra. Finalmente conseguiron recuperalos.
A pesar destes primeiros problemas, a boa situación meteorolóxica na zona reduciu en dous días a duración do último tramo da expedición.Pronto escomenzaran pois a apertura dunha vía na montaña para que os arqueólogos podan acceder as zonas nas que, segundo os estudios do investigador galego Santiago del Valle, se poden atopar os restos da última capital perdida do reino Inca.

No hay comentarios :