miércoles, 18 de mayo de 2016

VISEXIMA NOVENA XORNADA DE LIGA

Despois de que o sábado pasado non disputaramos a penúltima xornada de Liga, por petición, do equipo local do VET ORDENES, de aprazamento do partido, aproveitariamos a festividade do día das Letras Galegas para a disputa de dito encontro e poñernos o día no torneo doméstico.
Nun día soleado e sen nada en xogo o equipo desprazaríase a terras ordenses en cadro (tal e como nos pasara na xornada anterior) polo que fixosenos moi complicado formar un once para poder afrontar o partido. De todas formas, o equipo estivo ben colocado e non lle perdeu a cara o enfrontamento.
Polo que o finalizar o encontro o marcador final sería de:
VET. ÓRDENES 0 - 1 NEGREIRA VETERANOS
Os xogadores que disputarían o partido foron: SUSO (como porteiro) LIVI, NANDO, ANDRES, PONTE, MORENO, AIRES, ALBERTO, GOLAN, CARBALLO e ALEX.
GOLEADOR: Alberto
ASISTENCIA: Golan

A próxima xornada cerrará a tempada, e faremolo como locais, en Cepelo (Negreira) recibindo a visita do Outes Dep. Casais.

No hay comentarios :