lunes, 11 de abril de 2016

TERCEIRA XORNADA DE COPA (Oitavos)

Este fin de semán, correspondente cunha nova xornada do torneo da Copa (sendo os oitavos de final) iniciariase a nosa andadura en dita competición, e fariomolo desprazándonos ata terras do concello de Oroso, para render visita o equipo da FINSA.
O resultado do partido fixo que o clube pasará de rolda e siga vivo nesta competición do K.O., polo que o rematar os noventa minutos correspondentes, así como algún de desconto, o marcador final sería o seguinte:
FINSA 1 - 3 NEGREIRA VETERANOS
Os xogadores que se desplazaron para a disputa do encontro foron: JUAN SOUTO, ALEX, DAVID, ANDRES, GOLAN, AIRES, ALBERTO, PENA, IVAN, CHITO, NANDO, LIVI, ALIJO, SANTI MARIÑO, PONTE, VIDAL e MORENO.
GOLEADORES: Alberto (por partida dobre) e Golan (coa colaboración dun contrario)
ASISTENCIAS: -

Próxima xornada de Copa será o trinta deste mesmo mes, e recibiremos a visita dos VET. CAMPORRAPADO.

Pola contra, o próximo sábado voltaremos a competicion doméstica, rendendo visita o CLUB USC, no campo de Calo (Teo)


No hay comentarios :