domingo, 21 de febrero de 2016

O PERSONAXE DO DIA É.....

OSCAR VIDAL CAAMAÑO "VIDAL"
Oscar é outro dos xogadores nado en terras brionesas e dentro deste segundo mes do ano. 
Este centrocampista creativo (ainda que na súa etapa na SD Negreira alternou a posición coa de defensa central) cunha depurada técnica individual aporta carácter e a pausa necesaría, así como unha gran capacidade de organización, o servicio do medio campo do equipo.
Incansable na súa faceta defensiva e unha axuda constante a hora de distribuir o esférico nas primeiras fases do ataque. Ainda que non é asiduo en facetas goleadores, este ano esta a destapar nese ámbito con varios goles decisivos, aportando, ata o de agora, unha mellora é un salto de calidade o grupo.

Esta tempada é a estrea, como xogador, no clube.

E como sempre, nesta data sinalada, hay que felicitalo do seu cumpreanos. FELICIDADES!!
 

No hay comentarios :