miércoles, 17 de febrero de 2016

O PERSONAXE DO DÍA É....

ALBERTO RODRIGUEZ RODRIGUEZ "ALBERTO"
 
Alberto, nado no concello de Brion, nun 17 de Febreiro, traería, o equipo, o toque de fineza e improvisación, asumindo, tanto pola súas características, como polo seu papel no terreo de xogo, o rol do número 10 (tal é como se denomina, nestes tempos que corren, a dita posición) ainda que tamen pode exercer de centrocampista ou xogador de banda.
Unha das súas principais armas é a visión de xogo da que dispón, que fai que os seus compañeiros reciban o coiro en vantaxe, convertindose desta maneira nun dos mellores pasadores do clube.
Grazas a calidade no toque do balón, a hora de realizar os pases, fai que sexa un excelente lanzador a balón parado, convertindose no principal xogador para executar os penaltis.
 
Esta será a terceria tempada que esta a disputar para o clube.
 
E como se fixo con cada integrante que cumpre anos na data sinalada, so nos queda darlle as nosas FELICITACIONS.

1 comentario :

Anónimo dijo...

Ten que traballar mais o aspecto tactico - fisico se non volvo a levalo por diante¡¡