jueves, 17 de diciembre de 2015

SORTEO DE NADAL 2015

Onte tivo lugar a reunión da secretaría técnica do equipo, con motivo da recollida da lotería que foi entregada os xogadores, corpo técnico e directiva para a súa venda, polo que xa non se poderá adquirir mais participacións dos números que xoga o equipo. Dende o clube dar as grazas a todas as persoas que colaboraron, tanto na venda como na adquisición da mesma, xa que supón unha importante axuda para poder seguir adiante coa este asociación que conforma o equipo e os seus socios.
Dende aquí so nos queda desexar sorte para o próximo martes 22 de Decembro, día do sorteo do Gordo de Nadal.
Os números quedaran expostos, na web, ata despois do sorteo.


NOTA: Por outra banda, indicar que nas próximas horas estarán dispoñibles, na sección de eventos, as fotos da Cea de Nadal.

No hay comentarios :