viernes, 11 de diciembre de 2015

O PERSONAXE DO DIA E...

JOSE FERNANDEZ PONTE "Ponte"
Nacido nun dos días dos correntes do mes do Nadal, Ponte, eterno capitán, é un dos piares, tanto dentro coma fora do terreo do xogo (xa que tamen compaxina un dos cargos dentro da secretaria técnica como a de xogador) deste clube. 
Un defensa, con moita experecia, que soluciona problemas na retagarda do equipo coa mesma naturalidade que cabecea, en defensa e en ataque, todo balón aéreo que pasa pola sua área de influencia do campo.
Trátase dun central forte, seguro e con moita entrega en cada acción do xogo. Contundente e moi serio o corte, cando ten que sair da sua zona natural, e que nunca da un balón por perdido. Grazas a súa perfecta colocación, permitese chegar a facer as coberturas os seus compañeiros.
Este tempada fará 14 anos que pasou a formar parte do plantel.
Hoxe, o tratárese dun día sinalado para él, desexarlle un FELIZ CUMPREANOS.

No hay comentarios :