jueves, 14 de marzo de 2013

PILAR REY CONQUISTA O CAMPIONATO GALEGO.

A negreiresa Pilar Rey Silva converteuse o sábado, na praia de Laxe, en campioa galega na proba do selectivo mar-costa da Federación Galega de Pesca. Obtivo o primeiro e segundo posto nas dúas mangas, cunha suma de 274 puntos na clasificación de damas. Representará a Galicia no Campionato de España que se vai celebrar a mediados de abril na praia de \, en Asturias. Confía en obter algunha colaboración para afrontar os gastos.

Pilar iniciar na pesca deportiva en 1999 da man do seu marido David, gran afeccionado a esta práctica. Desde entón non cesou no seu empeño de ir mellorando os seus resultados. Móstrase moi ilusionada tras o éxito na súa terceira participación nun campionato autonómico, marcado polo mal tempo. «Cambiouse da praia de Langosteira para Laxe, e tívose que interrumpir polos lóstregos que había o sábado», sinalou. Pilar recoñece que é unha práctica deportiva máis difícil para as mulleres: «Non temos tanta técnica no lance coma os homes, aínda que en Laxe, de dezanove homes só pescaron tres, e inflúe moito tamén a sorte que teñas ese día».

Animada polos seus amigos e compañeiros do club do Barbanza onde está federada, Pilar , de 37 anos e veciña da parroquia de Landeira, afronta o reto do Campionato de España con optimismo: «Sempre estiven nos cinco primeiros postos cos homes nos campionatos en que participei, e iso anímame moito a seguir, aínda que teñamos unha hora en coche para ir ó mar». Sen dúbida, a localización xeográfica, lonxe da costa, é un inconveniente engadido.

Info: Emilio Forján

No hay comentarios :