lunes, 4 de junio de 2012

CAMPIONATO E O SUBCAMPIONATO GALEGO EN ATLETISMO

O pasado día 26 de Maio celebrouse nas pistas do Centro Galego de tecnificación deportiva de Pontevedra, o Campionato Galego Infantil onde a proba feminina dos 3.000 metros en pista ó aire libre, foi gañada por Lucía SUárez Crespo cun tempo de 11:14:07, proclamandose así campiona Galega da especialidade.

E a este éxito de Lucía hai que sumalo Subcampionato Galego acadado por Martín Darriba Crespo, este pasado fín de semán en Ferrol, onde foi segundo na proba Alevín masculina de 2.000 metros en pista ó aire libre, cun tempo de 7:23:43, a 6" do gañador da proba.

Noraboa ós dous e ó seu adestrador Estevez, pola parte que lle toca

No hay comentarios :