sábado, 19 de mayo de 2012

V PEDESTRE DE OUTES TAMÉN PARA UN VECIÑO NOSO

O pasado 17 de Maio, celebrouse no veciño concello de Outes a V edición da súa carreira Pedestre, onde unha vez máis os atletas da nosa comarca acadaron importantes resultados, así na proba Absoluta o gañador sobre a distancia de 10.000 metros, foi Luis Calvo Castro cun tempo de 34:48. Nesta mesma proba destacar a outros dos nosos deportistas como José Suarez Leis que cun tempo de 40:33 foi 37, Maxinimo Liméns Prado 71 cun tempo de 42:45, Francisco Pais Trigo 84 parando o crono en 43:38, Roberto Rey Seoane foi 119 cun rexistro de 45:52 e por último Diego Bello Fraiño foi 126 cuntempo de 46:23. Xa nas categorias inferiores, continuaron os éxitos e na distancia de 1.000 metros Joseu Limens Oliveira foi 14 cun tempo de 5:29. Por último na distancia de 3.000 metros na categoría feminina, unha nova victoria para a de sempre, Lucía Suarez Crespo cun tempo de 12:21, mentrás que na masculina sería Adrián Freire Gil o que acadaría un meritorio terceiro posto cun tempo de 11:30.

No hay comentarios :