lunes, 14 de mayo de 2012

Rosalía 1 - 0 Negreira Veteranos

Hoxe, 12 de maio de 2012 consumouse algo que ninguén quería ver pero que se tornou en algo inevitable dende hai moito tempo. A vindeira temporada non xogaremos na División de Honra da agrupación de Veteranos de Santiago pois xa, de xeito matemático, a permanencia na mesma é algo inalcanzable.
Pero ao marxe das críticas que os afeccionados poden, lexítimamente, facer desta lamentable temporada, quizáis debamos analizar detidamente o ocorrido este ano e concluir que tanto coa plantilla coa que contábamos e co xogo desenvolto esta temporada non eran suficientes avais para xogar nunha categoría tan esixente.
Se hai algo contra o que non se pode loitar é o noso destino e éste amosóunos este ano a cara menos amigable de todas. A historia do partido deste sábado foi representativo dalgúns dos problemas desta temporada. Tan só nos presentamos doce efectivos nunha tarde moi pouco propicia para xogar un partido de fútbol. O bochorno climatóxico deu paso ao bochorno futbolístico aínda que hai que deixar claro que o equipo deu a cara en todo momento. Cando se xoga cun equipo xusto de efectivos calquera detalle fai que o delicado equilibrio se rompa e así sucedeu pois remaneceron lesións case olvidadas nalgúns xogadores. O pouco acerto de cara á portería rival, algo case endémico no caso do noso equipo, foi outra manifestación do sucedido esta temporada. Así pois, non é de extrañar que non fóramos quén de aproveitar as moitas ocasións que tivemos pero sí de deixar que o contrario sacara petróleo das poucas que creou. O resultado final, por tanto, non debe extrañar a ninguén.
Ao final do partido, caras amargas nos máis veteranos que denotan a tristeza despois de varias temporadas dando a cara por este equipo. A directiva ten un reto grande por diante e éste será configurar un equipo competente para lograr o ansiado ascenso o antes posible. Non será fácil implicar aos máis veteranos nesta nova aventura que se nos presenta. O seu papel destes debe ser liderar un grupo pero moitas veces este liderazgo deben exercelo noutras facetas distintas do campo de xogo pois os anos non pasan en balde. No terreo de xogo, ademais de carisma, ten que haber tamén certa calidade, renovación e sobre todo moita implicación por parte de quén desexe formar parte deste clube. Incluso me atrevería a sobrepoñer a implicación sobre a calidade pois de sobra son coñecidos por todos xogadores de gran calidade que non souperon entender a filosofía dos veteranos. Ese debe ser o reto da directiva. A eles lle desexamos moita sorte ante este grande desafío e aos afeccionados queremos pedirlle o seu perdón por este descenso e sobre todo prometer que faremos todo o posible para volver a estar entre os grandes.
Mentras tanto seguro que non nos virá mal un ano no inferno.

No hay comentarios :